Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX

Presentacion libro Fundacion Brandomil
Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX

Esta fin de semana tivo lugar na Igrexa parroquial de San Pedro de Brandomil a presentación do libro “Brandomil na historia -Un couto de mulleres”, un libro editado pola Fundación Brandomil coa axuda da Deputación da Coruña. Ó acto estivo presidido polo alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, Juan Carlos Ramos, patrón da Fundación Brandomil, o cura da parroquia, Javier Flórez e unha das autoras encargadas da investigación e redacción, Mercedes Vázquez.

O alcalde gabou o traballo que está facendo a Fundación por indagar no pasado desta parroquia. O patrón Juan Carlos, recalcou a importancia de coñecer a historia de Brandomil para explicar o presente, e poder construír un futuro máis forte. Mercedes, unha das autoras, debullou a historia de Brandomil dende o século XII, data na que xa comeza a aparecer documentación escrita sobre a parroquia.

Ó acto achegáronse medio cento de veciñas e veciños da parroquia así como Xosé María Lema, historiador da zona e Manuel Vilar, Director do Museo do Pobo Galego.

Libro Brandomil Mulleres

Máis novas sobre Brandomil

Comentarios