Mércores. 15.07.2020
El tiempo

Máis Entroido en Zas

Máis Entroido en Zas
As filloas, o concurso de disfraces e os obradoiros infantís protagonizan o Entroido de Zas, onde se repartirán preto de 1.200 euros en premios repartidos entre as distintas categorías e tamén se premiará ao mellor “ZasChoqueiro” Co obxecto de promocionar unha das festas máis tradicionais de toda a comunidade, o Concello de Zas desenvolverá ao redor das datas do Entroido un completo programa de actividades aberto a tódolos públicos e a tódalas idades. Martes de Entroido na Praza do Concello de Zas O Entroido en Zas arranca con obradoiros infantís que se desenvolverán os días 12 e 13 de febreiro (luns e martes) e que están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Haberá dúas sesións; unha no Centro Sociocultural de Baio e outra no Centro Sociocultural de Zas. As dúas serán en horario de 11 a 13 horas. Os/as interesados/as en participar deben anotarse previamente nos números de teléfono 981 718 056 e 981 751 398. O día forte do Entroido de Zas será o martes 13 de febreiro xa que o pavillón municipal de Zas acolle a partir das 16 horas unha festa na que haberá xogos, sesións de maquillaxe e inchables para os máis pequenos. E xa a partir das 19 horas comezará o concurso de disfraces no que se repartirán case 1.200 euros divididos en varias categorías. Como novidade, este ano haberá un premio especial de 80€ para o mellor “ZasChoqueiro”. O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces, os materiais empregados para a elaboración dos mesmos, a complexidade e a posta en escea. Os e as interesados/as en participar no concurso de disfraces poden anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas cumprimentando o Anexo I das Bases do Concurso que se poden consultar na páxina web municipal (www.concellodezas.org) a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/media/documentos/Bases_Concurso_Entroido_Zas_2018.pdf As filloas serán outras das protagonistas da festa de Entroido do martes día 13. Así, un equipo de cociñeiros e cociñeiras prepararán ducias de filloas que se repartirán ao remate do concurso de disfraces entre todos os asistentes.

comentarios