En marcha a 5ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

Xa é todo un referente na comarca e en boa parte de Galicia. A Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” abre o prazo de presentación para as compañías e/ou grupos galegos de teatro amateur nesta a súa 5ª edición. Un xeito fantástico de fomentar a creación cultural no eido das artes escénicas.
Seleccionaranse 5 finalistas que se representarán os días 18 e 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio distribuídas nos auditorios de Baio e de Zas. A entrega de premios terá lugar o 31 de maio a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Baio.
Repartirasen 3.500€ nos 6 premios, sendo o máximo premio de 900€.
O prazo está aberto ata o 20 de marzo, e os/as interesados/as en participar poden consultar as bases e descargar os anexos a través da páxina web do Concello de Zas ou contactar coa organización no enderezo mostrateatrozas@gmail.com.
Novas relacionadas
- 2019: Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado.
- 2018: O teatro segue moi vivo en Zas.
- 2017: Zas revitaliza o teatro afeccionado
- 2017: “Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural”
- 2016: Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto.