A mocidade de Baio aprende, con cheg vimiancés Fabián Mouzo, non tirar comida
09:48 02/12/22
O alumando do IES Maximino Romero de Lema, en Baio, participou nun obradoiro de cociña para reciclar alimentos e non tirar comida en bó estado, xunto ao chef vimiancés, Fabián Mouzo.
Ao comezo da actividade, máis de 60 alumnos e alumnas desfrutaron dunha charla informativa sobre o Cambio Climático e sobre a iniciativa #FoodWave para, despois, elaborar as súas propias filloas.
No taller tamén estiveron presentes Rosa Sánchez, ADL do Concello de Vimianzo, e Xiomara Lazo, axente de Igualdade.