A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas chega ao seu remate
Este sábado chegan ao seu fin as representacións da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. E farémolo ríndonos moito coa comedia musical “A pena do cu do mundo”; unha obra escrita por Leandro Lamas e que representará a compañía Carrachanacacha Teatro, da Asociación Aturuxo de Melpómene de Narón.
Esta comedia musical, dirixida ao público adulto, conta a historia dunha familia unha tanto peculiar que reside unha aldea perdida e que ve ameazada a súa forma de vida
cando a nova concelleira anuncia que vai construír alí un parque temático. A obra de teatro comeza ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
Entrega de premios
Haberá que agardar ata o 20 de maio para coñecer os resultados desta VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose na que o Concello de Zas reparte 3.500€ en premios.
Será nun acto que terá lugar ás 18:00 horas no Auditorio de Zas e no que tamén actuarán o alumnado da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas.