Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nova fornada de estudantes graduados no IES de Baio

FOTO GRADUACIÓN IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA
Nova fornada de estudantes graduados no IES de Baio

O pasado venres 19 de maio, o IES Maximino Romero de Lema celebrou a festa de graduación de 37 alumnos/as de 2º de Bacharelato. As alumnas Noelia Domínguez e Lucía Liñares foron as encargadas de conducir o acto, e Andrea Solís e Noelia Rellán interviron cun emotivo discurso cargado de anécdotas e vivenzas.

Unha celebración emotiva, festiva e alegre; na que houbo actuacións musicais, entrega de agasallos, risas, bágoas.....e que remataron cuns pinchos de confraternidade para pechar esta data tan sinalada para toda a Comunidade Educativa.

Comentarios