Unha nova muller centenaria en Zas
Que a Costa da Morte é unha zona envellecida non é nada novo. Xa sabemos os duros datos que a Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano, ou que en 10 anos teremos máis de 200 xubilados por cada menor de idade.
Pero esas cousas non evitan que nos alegremos cando aumenta o selecto clube das Persoas centenarias na Costa da Morte. Xa fixeramos unha listaxe no 2008, con ata 11 centenarios. A día de hoxe habería que facer reconto, e teríamos que engadir a Teresa Carreira, da Cacharoza, Baio, que o pasado sábado 27 de outubro cumplía os 100 anos. Aí a vemos, na súa casiña, rodeada da súa familia para celebrar o centenario, coa súa irmá e sobriño directo, ademais de segundos e terceiros sobriños. Unha cita á que tamén estaba invitado o alcalde, pero á que non asistíu.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano.
- Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- 2008: Listaxe das persoas centenarias da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).