Mércores. 01.02.2023
El tiempo

O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia

O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia
Jorge Mira con Roger D Kornberg Premio Nobel de Quimica 2006

Non cabe dúbida. Ademais de ser o mellor embaixador da Costa da Morte traendo Premio Nobel tras Premio Nóbel á Costa da Morte, ninguén pode dubidar que é o meirande divulgador científico do país.

E de feito, o catedrático da Área de Electromagnetismo e director do departamento de Física Aplicada da Universidade de Compostela vén de recibir o Premio "José María Savirón" de divulgación científica, un dos máis importantes de España. Mira comparte o premio co programa de La2 "Tres14".

A súa participación na TVG co programa "Cifras e Letras" así como o achegamento á Galicia de Premios Nobeis do mundo da ciencia a través do Programa Conciencia, fixo posible que o xurado se decantase por Mira para este prestixioso premio, que leva o nome dun eminente científico que foi catedrático da Universidade de Zaragoza.

Máis premios

Non é este o único galardón conseguido polo profesor Mira neste curso académico. Xa en outubro concedéranlle a medalla de honra de Ciencia en Acción e un mes máis tarde o premio anual do Colexio Oficial de Físicos de España.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios