Domingo. 16.06.2019
El tiempo

O teatro afeccionado segue moi vivo en Zas

O teatro afeccionado segue moi vivo en Zas
O teatro afeccionado está de noraboa cando nun mesmo concello ten o seu propio certame, canto ten un grupo de teatro con 35 anos de historia como Badius e cando a escola municipal infantil consegue reunir a uns trinta alumnos e alumnas. E isto pasa en Zas. A III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose" - organizada polo concello de Zas - chegou o pasado domingo ao seu fin coa entrega de premios. Remataron así cinco días de espectáculos nos que os veciños e veciñas tiveron a oportunidade ver obras de teatro interpretadas por compañías de toda a comunidade e que agochan moitas horas de ensaio, de atrezos, de broncas,... e todo "por amor ao arte". mostra-teatro-afeccionado-labarta-pose-zas O domingo tivo lugar o acto de entrega de premios da III mostra de teatro afeccionado "Labarta Pose" organizada polo concello de Zas "Anónima 18" - de Ditirambo Teatro Coruña de Montrove - e "Mass co-medias" de Os Kabramakabra de Asados (Rianxo) foron as dúas gañadoras desta terceira edición da mostra de teatro afeccionado. A primeira era un drama que, a criterio do xurado, foi a mellor das obras represetadas no certame. E a segunda, unha comedia, foi a mellor obra elixida polo público. Tamén houbo premio para o mellor actor, que recaeu en Luismi Ramos pola súa interpretación na obra "Mass-comedias" de Os Kabaramakabra; e premio para a mellor actriz que foi para Chelo G. Falcón pola súa interpretación en "Anónima 18". mostra-teatro-afeccionado-zas Chelo G. Falcón recibiu o premio á mellor actriz polo seu papel en "Anónima 18" Todos os premiados recibiron un trofeo conmemorativo realizado como todos os anos polo centro especial de emprego de Aspaber - asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños -. Ademais, cada unha das cinco compañías finalistas recibiron un premio de 500€. Clausura da XI escola municipal de teatro infantil escola-teatro-afeccionado-zas Marco e Pibe, do grupo de teatro Badius, son os encargados de dirixir a escola municipal de teatro infantil Antes do acto de entrega de premios - presidida polo alcalde de Zas e polo concelleiro de Cultura - tivo lugar a clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil con tres obras interpretadas por actores e actrices que a pesares da súa xuventude foron capaces de ofrecer momentos de risa e reflexión aos espectadores. Son xa once anos os que Pibe e Marco - os directores da escola e membros do grupo Badius de Baio, levan introducindo no mundo do teatro a ducias de nenos e nenas do concello de Zas. Moitos deles continúan hoxe facendo papeis noutros grupos de teatro conservando así a súa afección polas artes escénicas. Con estas dúas actividades, demostrouse o domingo que o teatro afeccionado está máis que consolidado en Zas. Longa vida!
 

Comentarios