Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Teatro escolar será o protagonista este domingo en Zas

O Teatro escolar será o protagonista este domingo en Zas

Doble cita cultural esta semana en Zas. Por unha banda a clausura da V escola municipal de Zas, e pola outra, a exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao".

Teatro escolar

A clausura da V escola municipal de Zas (con aulas en Zas e Baio) será o vindeiro domingo 3, as 17:30h.
Máis de 40 alumnos da escola de teatro municipal de teatro de Zas, dirixidos polos monitores de teatro Marco Álvarez e Pablo Soto "Pibe", de Badius, representarán 7 obras cunha duración total apróximada de 2 horas.

As obras a representar seran a seguintes: "O ceo está feito un inferno", "O Rei de casetodo", "Vacas", "A calse de Ceboliño", "Carta a Tía Beba", "O Tío Sanfona", "A consulta do doutor Casildo".

Exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao"

O Centro Sociocultural de Baio acollerá, ata o 11 de xuño, a exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao", en colaboración coa Deputación da Coruña.
Poden visitala de martes a venres, de 15h a 21:30h e sábados, de 9:30h a 14:30h.

Novas relacionadas

Fonte

  • COncello de Zas.

Comentarios