O Teatro escolar será o protagonista este domingo en Zas
Doble cita cultural esta semana en Zas. Por unha banda a clausura da V escola municipal de Zas, e pola outra, a exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao".
Teatro escolar
A clausura da V escola municipal de Zas (con aulas en Zas e Baio) será o vindeiro domingo 3, as 17:30h.
Máis de 40 alumnos da escola de teatro municipal de teatro de Zas, dirixidos polos monitores de teatro Marco Álvarez e Pablo Soto "Pibe", de Badius, representarán 7 obras cunha duración total apróximada de 2 horas.
As obras a representar seran a seguintes: "O ceo está feito un inferno", "O Rei de casetodo", "Vacas", "A calse de Ceboliño", "Carta a Tía Beba", "O Tío Sanfona", "A consulta do doutor Casildo".
Exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao"
O Centro Sociocultural de Baio acollerá, ata o 11 de xuño, a exposición "VII Premio de Banda Deseñada Castelao", en colaboración coa Deputación da Coruña.
Poden visitala de martes a venres, de 15h a 21:30h e sábados, de 9:30h a 14:30h.
Novas relacionadas
- Clausura 2011: Zas crea actores e camiñantes.
- Clausura 2010: O teatro tomou Zas para pechar o curso
- Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio.
- Os zaenses xa son peregrinos por partida triple.
- Este domingo, BTT en Zas.
Fonte
- COncello de Zas.