Organizan unha nova edición do Camiño por Brandomil
07:20 04/05/22
O Departamento de Turismo do Concello de Zas pon en marcha un novo programa de sendeirismo, para realizar en catro etapas o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil. Estas son as etapas:
- 21 de maio: Santiago de Compostela - Negreira (21 km)
- 28 de maio: Negreira - Brandomil (25,4 km)
- 11 de xuño: Brandomil - Berdoias (21,3km)
- 18 de xuño: Berdoias - Muxía (18,4 km)
A saída é sempre ás 08:00 horas dende a praza do Concello de Zas e cada etapa ten un custo de 5€ por persoa no que se inclúe traslado en autobús, seguro, bocadillo, auga, monitores e coche escoba.
O número de prazas é limitado polo que se recomenda anotarse o antes posible en calquera dos Centros Socioculturais Municipais (Zas: 981 751 398 / Baio: 981 718 056) ou cubrindo o formulario de inscrición que está dispoñible na páxina web do Concello de Zas: www.concellodezas.org.