Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os alumnos de Baio volven ao Bravú

Os alumnos de Baio volven ao Bravú
A Gharota de Ribeira Sofia Tarela no IES de Baio falando do Bravu

A verdade é que é un dos centros máis bravús da volta, como o refrendan sempre os datos de seguemento da folga dos seus comprometidos estudantes, I é que hai que ver como lle presta que á mocidade da Costa da Morte voltar aos anos 90 para recuperar aquela música coa que medramos a rapazada de varias xeracións anteriores. Foi o Bravú algo que, ao carón do Xabarín, creou unha cultura de país en Galicia sen parangón, algo que quere recuperar o Equipo Directivo do I. E. S. Maximino Romero de Lema, a Asociación de Nais e Pais e a Comisión de Cultura, que xa preparan a exposición “XX anos do Bravú”, que enche a Casiña da Cultura do IES Maximino Romero de Lema dende o pasado luns 2 ao 16 de marzo .

Sofia Tarela das Gharotas de Ribeira falando de Bravu no IES de Baio

Así, no marco do Programa #VinteBaio, celebrando os 20 anos do centro de ensino baiés e zaense, os alumnos xa recibiron unha visita moi especial. Sofía Tarela, unha das Gharotas de Ribeira, compartíu cos estudantes a súa visión persoal e feminina da eclosión do movemento bravú en Barcelona.

Sofía lembrou aquela “noite de Santos de 1994”, da que sempre fala outro dos seus participantes, o por aquí moi coñecido Xurxo Souto. Aquela noite, na taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar por todo o país.

A Gharota de Ribeira Sofia Tarela falando daquela noite do 94 na que naceu o bravu

A primeira exposición de lonas de gran formato do rock galego

A Gharota de Ribeira Sofia Tarela coa camisola dos 20anosIESBaio

Por iso o Centro está xa invadido por varias exposicións de discos, CDs, camisolas, chapas, carteis, paneis informativos e instrumentos musicais… dando ademais un paso máis e achega un proxecto iconográfico radicalmente novo: A primeira exposición de lonas de gran formato do rock galego. Podedes ver eses grandes panos que identifican cos seus símbolos os diferentes grupos, e que até o momento só podíamos albiscar nos concertos pendurados detrás da tarima da batería. Rastreros, Diplomáticos, O Caimán do Río Tea, Ruxe Ruxe, Skornabois… Emblemas dun tempo cargado de creatividade e vehemencia. Proposta estética absolutamente inédita dentro da cultura popular contemporánea.

Parabéns á Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas por este gran traballo de trasladarlles estes iconos ás novas xeracións.

Novas relacionadas

Máis novas do centro baiés

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e Fotos de Antonio Coté, membro da Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas.

Comentarios