Os escolares de Baio e Zas achéganse a Rosalía en clave teatral


Que importante é achegarse á nosa historia dende o berce. E o teatro é un dos mellores xeitos de facelo. Un perfecto exemplo son as visitas teatralizadas ás Torres do Allo.
Así, co gallo do 180º aniversario do nacemento da escritora máis insigne das Letras Galegas, Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro, os escolares de Zas poderán viaxar dunha forma amena e didáctica pola vida e obra da autora, gracias á actividade cultural que propón o Concello.
”Achegándonos a Rosalia" é unha charla dramatizada arredor de 5 escenas ou actos de adaptacións de poemas Rosalianos: "Conto de Vidal","A pobriña que está xorda", "Emigración ás Américas", "As segas de Castela", "A muller traballadora-Rosalía como escritora". Tero Rodríguez e Lucho Penabade (Os Quinquilláns Teatro) farán as representacións e despois o alumnado poderá preguntar sobre cousas de Rosalía e o seu significado, tamén a súa relación co teatro, que non era pouca.
A cita para os alumnos de Primaria zaense serán este mércores 22 de febreiro, ás 10:00h no CPI de Zas, e ás 12:30h para o Labarta Pose de Baio.
Mostra de Teatro Afeccionado
Igualmente, a Concellaría de Cultura lembra que o prazo de solicitudes para participar na Mostra de Teatro Afeccionado de Zas remata o mércores 1 de marzo.
Novas relacionadas
- As Torres do Allo mudan de horario de apertura.
- Os mil segredos das Torres do Allo.
- O concello de Zas abre o prazo de inscrición na II mostra de teatro afeccionado.
Fonte
- Concello de Zas.