xoves. 15.05.2025
El tiempo

Os pequenos de Zas disfrutan por Semana Santa e os maiores preparan un novo Camiño por etapas

Os pequenos de Zas disfrutan por Semana Santa e os maiores preparan un novo Camiño por etapas

Ademais de disfrutar en Riazor coa Mikaela e esa vitoria do Deportivo ante o Racing de Santander, os pequechos de Zas disfrutan estes días dunhas boas vacacións de Semana Santa. De feito, estes luns 18, martes 19 e mércores 20 de abril estanse levando a cabo obradoiros de manualidades e diversos xogos e dinámicas de grupo relacionados coa interculturalidade.

As sesión teñen lugar no Centro Sociocultural de Zas e Centro Sociocultural de Baio. En Zas de 11h a 13h, e en Baio de 15:30h a 17:30h. Se aínda non están enteirados poden apuntarse nos 981.751.398 (Zas) e 981.718.056 (Baio).

Novo Camiño de Santiago

Ademais, o Concello organiza unha nova saída para realizar o Camiño Santiago-Fisterra de Santiago por etapas, como realizaran o ano pasado. Pero cambiaron as datas. Así, as datas definitivas serían as seguintes:

  • 1ª Etapa: Santiago - Negreira (22 km.)--7 de maio.
  • 2ª Etapa: Negreira - Bon Xesús (23 km.)--14 de maio.
  • 3ª Etapa: Bon Xesús - Ermida de San Pedro (24 km.)--28 de maio.
  • 4ª Etapa: Ermida de san Pedro - Faro Fisterra (21 km.)--11 de xuño.

A saída sería ás 8.00 horas dende a Praza do concello para todas as etapas.

Teatro con Feminino Plural

Por outra banda, dentro da progrmación do mes de Abril, este sábado día 23, o grupo de teatro Feminino Plural do IES Maximino Romero de Baio representará a obra "O neto de Frankenstein" no auditorio do Concello; a cita será ás 7 da tarde.

Máis información

  • Concello: 981.708.303.
  • Centro Sociocultural de Zas: 981.751.398.
  • Centro Sociocultural de Baio: 981.718.056.

Novas relacionadas

Comentarios