Venres. 29.03.2024
El tiempo

P.E. Monte Tourado: A veciñanza de Roma e Meanos protesta pola afectación ás súas explotacións madereiras

meanos-zas-1
P.E. Monte Tourado: A veciñanza de Roma e Meanos protesta pola afectación ás súas explotacións madereiras
As entidades medioambientais piden a revisión da DIA pola falta de avaliación dos recursos forestais

Xa o pasado mes de decembro as entidades medioambientais denuncian a ragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado, situados entre Dumbría, Vimianzo e Zas. Desta volta poñemos o foco no Proxecto Eólico Monte Tourado, que afecta a Vimianzo e Zas, e cuios veciños están preocupados pola afectación directa a unha das súas fontes de ingresos: o monte.

O parque está promovido por Norvento, que instalará 7 aereoxeneradores de 3MW de 119 de altura de buxe e 112 de diámetro de rotor. Será outro dos parques que descargarán a súa enerxía na Subestación de Regoelle. A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) foi presentada o 29 de abril e o prazo estimado de execución do proxecto é duns 8 meses.

Sempre que non saian adiante as alegacións presentadas por veciños e entidades como Petón do Lobo, que xa pediron unha revisión da DIA porque non tivo en conta os recursos forestais, non avaliaron a potencialidade do monte. Un monte explotado polos veciños, que ano tras ano, cortan zonas de piñeiros como recurso económico, e estes viraventos fragmentar ese monte, probocando unha clara baixadad o rendemento desas explotación madereiras.

Precisamente foron varios veciños maiores dos lugares de Roma e Meanos os que se puxeron en contacto coas asociacións culturais para recorrer esa falta de avaliación.

A propia DIA recoñece que pode haber un pacto directo no xacemento arqueolóxico Mámoa das Laxas.

Novas sobre eólicos

Comentarios