Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Maio é de Baio: Volve “a pelota “

Baio ten a pelota maio 2022
Maio é de Baio: Volve “a pelota “

Moitas cousas teñen pasado nestes 2 anos pandémicos en Baio. Dende o último e exitoso “Baio ten a pelota” de agosto 2019, o comercio e a hostalería baiesa téñen superado barreira tras barreira. A paseniña recuperación tralo confinamento; a pelexa ante as poucas axudas; cando parecía estabilizarse a cousa chegaba a subida dos prezos e Baio enteiro uníase arredor da campaña #EuPecho. Polo medio teñen lanzado ata a súa nova marca #MercaSoneira… Son tempos de festa, xa, non?

Así o entenden dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, que co seu lema Baio, Porta Grande da Costa da Morte, teñen os pensamentos absolutamente enfocados na volta das xornadas festivas da súa vila.

A fin de semana do 6, 7 e 8 de maio volve o “Baio ten a pelota”. Unha fin de semana cheo de descontos nos comercios, degustación de tapas, postos na rúa, actividades divertidas para os nenos e todo isto amenizado pola charanga NBA.

E non pode faltar o suculento premio en en bonos de compra, por tapear e mercar, consegue 4 cuños e entra no sorteo de 1000€.

Unha cita desas para aproveitar, para disfrutar do comercio, da hostalería, da troula.

Feirauto

Feirauto Baio 2022

E ademáis este ano a coinciden 2 eventos importantes en Baio. Os días 6, 7 e 8 de maio Baio tamén acolle a 49ª edición de Feirauto cunhas xornadas de portas abertas organizadas pola Asociación do Automóbil de Baio e a Fecom en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas.
Durante estes días, os talleres participantes ofrecerán nas súas instalacións unha gran variedade de vehículos seminovos de gama media-alta con importantes descontos, con facilidades para a financiación e con 12 meses de garantía. Ademais, ao igual que fixemos nas pasadas edicións, entregaremos un cheque-regalo de 200€ para combustible a todas aquelas persoas que merquen o seu coche durante estas xornadas de portas abertas.

Novas relacionadas

Comentarios