Martes. 23.04.2024
El tiempo

Pepe Capelán estreáse como presentador da Festa da Carballeira

Pepe Capelán estreáse como presentador da Festa da Carballeira
pepe-capelan Pepe Capelán tamén tocará coa súa banda Fillos do Estramonio O humorista e colaborador do programa Bamboleo da TVG - Pepe Capelán - será o mestre de cerimonias da 34ª edición da Festa da Carballeira de Zas que arranca o vindeiro venres. “Supón para min un orgullo poder estar no escenario dunha das festas con máis arraigo do panorama musical galego e internacional. Levo anos vivindo a Carballeira como espectador, e pódese dicir que cumplo o soño de subirme ó escenario como presentador, e tamén como músico. Ó mesmo tempo tamén é unha grande responsabilidade compartir cartel con grupos como Gwendal, Radio Cos ou Milladoiro”, manifesta Capelán. Ademais de presentador Capelán tocará coa súa banda - Fillos do Estramonio - durante a festa da Carballeira. Serán así os encargados de abrir o festival o venres día 4 a partir das 21 horas. “O máis importante para min é, dende logo, poder disfrutar un ano máis da Festa da Carballeira, e sobre todo, ver como ano tras ano segue máis viva que nunca. So espero que nos respete a climatoloxía e que un ano máis a xente encha a Carballeira como acostumbra”, di Pepe Capelán. Venta online das entradas Por outra banda, ainda están a venda as entradas para o festival a través da páxina oficial do evento. Si se mercan os abonos de dous días por este canal, todos os festivaleiros conseguiran gratis unha mochila, polo mesno prezo, 15€.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios