As Torres do Allo acollen a "Xornada do Xogo Tradicional"

Segue afianzándose o Concello de Zas como un dos mellores refuxios dos xogos tradicionais no país. E así o refrenda cunha nova actividade interxeracional, que se desenvolverá o 31 de maio na carballeira das Torres do Allo.
O Concello de Zas organiza,en colaboración da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, unha tarde para reencontrarse coa esencia da diversión. De 11:30 a 14:00 horas, a emblemática carballeira de acceso ás Torres do Allo trans formarase nun vibrante escenario de xogos tradicionais. Unha oportunidade única para que persoas de todas as idades, e especialmente as familias, compartan risas e aprendan a xogar como se facía "en tempos".
Os birlos, o ritmo da buxaina, os saltos da mariola, a estratexia das chapas, o lanzamento da roma, a puntería da chave, o desafío dos zancos, a velocidade das carrilanas, a precisión do tirapedras... e moitos outros xogos serán os protagonistas, e demostrarán que as pantallas teñen rivais moi directos para ocupar a atención das nosas criaturas.