Os peque-guerreir@s do Entroido de Zas defenden as Torres do Allo
Coa chegada do Entroido imos ver moitos monstruos camiñando polas rúas e o Concello de Zas necesita de persoas valentes para protexer as Torres do Allo. No día 27 de Febreiro realizarase un obradoiro para os nenos e nenas de 4 a 12 anos ás 16:00 horas nas Torres do Allo, onde terán que deseñar os seus propios escudos e espadas para ir ben preparados para a festividade.
Unha manualidade na que poderán combinar os seus disfraces con complementos orixinais creados por eles ademáis de introducírense, cun pequeno paso, ao mundo do diseño dos disfraces.
Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres [email protected]. As prazas serán limitadas.
Máis programas do Entroido
- Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.