Martes. 16.07.2024
El tiempo

As piscinas municipais de Zas e Baio abren este domingo as súas portas

Piscina municipal de Zas
Piscina municipal de Zas
As piscinas municipais de Zas e Baio abren este domingo as súas portas

Xa está todo preparado para unha nova campaña das piscinas municipais de Zas e de Baio que abrirán as súas portas ao público este domingo, 30 de xuño, despois de que a brigada de obras municipal realizara diversos traballos de mantemento e posta a punto. 

Abono

Todas aquelas persoas que desexen facer uso das piscinas durante todo o verán xa poden facer o seu carné de usuario/a das piscinas municipais do Concello de Zas. O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para a rapazada de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores.
Calquera destes trámites débense de realizar no Rexistro do Concello de Zas, en horario de luns a venres de 08:00 a 13:00 horas. 

Todas aquelas persoas que non dispoñan do carné da piscina poden facer igualmente uso das instalacións e poderán elixir calquera das seguintes cuotas:

  • Entrada diaria: 0,60€
  • Abono semanal: 3,00€
  • Abono quincenal: 6,00€
  • Abono mensual: 9,00€

Aos menores de 14 anos e aos posuidores do Carné Xove aplicaráselle un desconto do 50% sobre os prezos anteriormente sinalados. 

Poden ver os horarios de apertura na web municipal nesta ligazón.

Cursos de natación

Ao igual que nos anos anteriores, durante os meses de xullo e agosto ofertaremos cursos de natación gratuítos para todas as idades.

Comentarios