Pleno esperado para a familia Anorthosis


Semana completa para a familia do tenis de mesa da Costa da Morte. 4 partidos e 4 vitorias, se ben eran esperadas as vitorias dos nosos equipos de tenis de mesa ante os de Oroso.
Un pleno que serve para ir collendo ánimo para seguir na mesma senda.
2ª División Galega Grupo Centro
- Resultado: Panadería Oroso - Anorthosis Vimianzo (0-7) // (3-21).
- Oroso Valoriza - Anorthosis Vimianzo (1-6) // (4-19)
En 2ª foron moi superiores os de Anorthosis ante os recén ascendidos, con todo esperemos que non teña consecuencias ao final da liga o desliz de deixar escapar un partido. Angel fixo que para o de Oroso fose un día feliz.
3ª División Galega Grupo Noroeste
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Peluquería Tije (7-0) // (21-3)
- Concello de Zas O Pinar - Oroso Peluquería Tije (5-2) // (16-8)
En 3ª os de Oroso viñeron con principiantes deste ano e demostrouse que o traballo si vale para algo..
Vindeira xornada
* 2ª galega grupo centro. No polideportivo do colexio de Vite (Santiago) sábado 1 de decembro a partir das 16:30 h..
- Conxo Ponte de Ferro - Concello de Zas Aquacenit;
- Conxo Promesas - Concello de Zas Aquacenit.
* 3ª galega grupo noroeste.
- En A Coruña sábado 1 de decembro dende as 17:00h: S.D. Hípica "B" - Concello de Zas O Gaiteiro;
- En Cambre domingo 2 de decembro as 11:00: Cambre Promesas - Concello de Zas O Pinar.
Novas relacionadas
- Anorthosis e Aquacénit suman pero ao Gaiteiro puidéronlle os nervos.
- O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo.
- A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena.
- O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis.
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.