Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Presentadas cerca de 1.000 firmas para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría en Zas

Presentadas cerca de 1.000 firmas para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría en Zas
entrega-firmas-pediatra Un grupo de nais e pais, acompañados do alcalde, presentaron onte as firmas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia As familias de Zas continúan loitando para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría. E precisamente onte, un grupo de pais e nais de Zas acompañados do alcalde, Manuel Muíño, entregaron Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as case 1.000 firmas recollidas durante estes meses co propósito de que o Sergas restableza o servizo. As firmas, que representan máis do 20% da poboación, pertencen a veciños e veciños do municipio maiores de 18 anos o, cal, segundo indican dende a coordinadora "demostra a preocupación da veciñanza".  A Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” ten previsto realizar novas accións nos próximos días co fin de que o Sergas restableza o servizo xa que dende o pasado mes de xuño o especialista en pediatría presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e de Baio entre as 12:00 e as 15:00 horas, cando antes o facía de 08:00 a 15:00 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-zas-organizanse-para-recuperar-un-servizo-publico-de-pediatria-digno/ “Familias e Concello abren unha recollida de firmas para recuperar un servizo de pediatría digno” — Que pasa na costa “O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas” — Que pasa na costa Fonte    

Comentarios