Martes. 08.10.2024
El tiempo

#ProxectoGDR: A Clínica Vértebra

#ProxectoGDR: A Clínica Vértebra
A Clinica Vertebra un proxecto GDR

Xa levamos moitos proxectos adiante neste 2014 da man das axudas do GDR-Costa da Morte. O último, un necesario Punto Limpo no Concello de Zas, pero tamén hai que lembrar as axudas outorgadas para a creación dunha Fábrica de cereais e a mellora do sistema de muxido dunha granxa de Vimianzo; axudas para unha fábrica de piensos e unha carpintería; para a Compra dun Equipo de Impresión Dixital, para un Centro de Servizos Funerarios e unha Empresa de Elaboración i Envasado de Produtos Locais, todas en Vimianzo; ademais da Creación dun restaurante en Olveiroa, Dumbría; de melloras no Camiño por Mazaricos e dun Taller de Calzado en Vimianzo.

Hoxe quedamos en Baio para saudar un proxecto que xa coñecemos do Fútbol da Costa. Falamos da Clínica de Fisioterapia Vértebra, un dos proxectos que nacían o ano pasado da axudas da Unión Europea xestionadas polo Grupo de Desenvolvemento Rual.
Detrás da porta a a fisioterapeuta Berta Reymúndez e a podóloga Alicia Novás uníronse co asesor en alimentación e adestramento persoal Jonathan para crear esta Clínica, toda unha referencia na comarca de Soneira en apenas un par de anos de vida.

Un proceso longo

Alicia Novas e Berta Reymundez da Clinica Vertebra

Recibiron do GDR axudas para facer as obras do local e equipalo para crear a clínica. Berta cóntanos como coñeceron as axudas: “Coñecín o GDR pola miña xestoría e por un familiar que tamén me informou do asunto. Fun a Vimianzo e os responsables portáronse xenial comigo, explicándome todos os trámites que hai que facer, que, por certo, son complicados”.

Berta resúmenos os procedimentos: “O primeiro que hai que facer é presentar unha solicitude e presentar o proxecto para ver se pode ser subvencionado, xa que ten que ser único no concello no que o vas desenvolver. Toca horas de papeleo cunha memoria descriptiva do proxecto, e como non, o tema das facturas de todo o que vas mercando, algo imprescindible, cóntanos Berta. “Todo detallado ata o último céntimo que vas invertir”.

Cóntanos Berta que no seu caso tardaron 2 anos en aceptar a proposta “pois no meu caso cazoume a crise polo medio e non había fondos”. Unha vez aceptado, e aquí o xerente do GDR insiste en que os emprendedores teñen que ter claro que o negocio o van levar adiante con o sen subvención (un negocio que depende dunha subvención nunca ten futuro), “pasan os supervisores a verificar que todo se fixo correctamente”.

”Realmente penso que todo debería ser algo máis sinxelo”, recoñece, “pero ao final a única esixencia é que teño que estar 5 anos no mesmo local e ca placa posta”, admite ao mesmo tempo Berta.

E nos dá as súas conclusións. “A verdade é que valoro moi positivamente toda a aportación que poden facer estes Grupos de Desenvolvemento Rural, pero tampouco pode ser, e opino o mesmo con outra clase de subvenións é que tardan moito en dalas. No meu caso pasaron 2 anos e medio e iso é unha lacra para os novos emprendedores, pois cando o necesitamos é xusto ao principio que é o complicado”.

GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Campaña GDR

Novas relacionadas

Proxectos en marcha

Fonte

Comentarios