martes. 12.11.2024
El tiempo

A Subdelegada do Goberno confirmou que todas as casas da parroquia de Muíño contará con fibra óptica

Maria Rivas Rede Aberta alcalde de Zas
A Subdelegada do Goberno confirmou que todas as casas da parroquia de Muíño contará con fibra óptica

A semana pasada analizabamos as cifras de implantación da fibra óptica por parte da compañia Rede Aberta. Esta semana foi a subdelegada do Goberno María Rivas a que se achegou por Zas para repasalas, e anunciar que a empresa galega volveu ser adxudicataria do programa UNICO neste 2023, cuxo obxectivo é acabar coa fenda dixital antes de 2025.

A subdelegada destacou que na provincia da Coruña o investimento total do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital ascende a 21.503.446 euros, que permitiu a instalación dunha nova rede de conexión ultrarrápida en 63.509 fogares e empresas das zonas rurais da provincia que antes non dispoñían deste servizo.

Na reunión co alcalde de Zas, Rivas fixo balance do traballo desenvolvido ata este momento no concello e lembrou que na primeira convocatoria do ano 2021, a empresa Telefónica S.A instalou conexión rede ultrarrápida en 336 fogares e empresas costeiros que antes non contaban con este servizo. Non calou aí o alcalde de Zas, que repetiu as súas críticas coa empresa Telefónica, por non ter incluído na súa totalidade das casas da parroquia de Muíño o que está a ocasionar queixas por parte dos veciños e veciñas. Rede Aberta asegurou que comunicará todas esas casas, para un total de 562 fogares e empresas en Zas no marco da convocatoria 2022 (que é a que se está a desenvolver do período 2023-2024).

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios