Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tabeirón arranxa a terraza do edificio Agra Regueiro de Baio

Tabeirón arranxa a terraza do edificio Agra Regueiro de Baio
Terraza do edificio Agra Regueiro, antes e despois de arranxar, que filtraba auga para o consultorio medico Terraza do edificio Agra Regueiro, antes e despois de arranxar, que filtraba auga para o consultorio médico Unha vez máis, a asociación de veciños Tabeirón de Baio foi a encargada de realizar os traballos de arranxo da terraza do edificio Agra de Regueiro, situado no Campo do Rollo. Alí está situado o consultorio médico da vila sobre o se filtraba as augas pluviais dende fai anos. "Contactamos varias veces coa consellería informando do estado do consultorio, chegando a reunirse persoalmente varios membros da mesma coa xefa territorial da Coruña, Cristina Pérez Fernández, e a que se sumou posteriormente a ex-conselleira e ex-secretaria xeral de Sanidade e Consumo do Ministerio de Sanidade, Pilar Farjas" aseguran dende a asociación veciñal. Estas reunións, que se levaron a cabo en febreiro do 2015, siguen sen resposta a día de hoxe. Un dos baixos do edificio Agra Regueiro de Baio alberga o centro medico da vila Un dos baixos do edificio Agra Regueiro de Baio alberga o centro medico da vila Ante esta situación, os membros de Tabeirón decidiron buscar outras axudas para realizar as obras de mantemento do edificio que visitan cada día ducias de veciños e veciñas de Baio. "A Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 3.190 € para o arranxo da terraza e que ademais dou facilidades no tempo para realizar os traballos" sinalan dende a A.V. Tabeirón. O concello de Zas é outro dos organismos que axuda na conservación do edifico Agra Regueiro, edificio emblemático de Baio propiedade da asociación de veciños Tabeirón. A entidade xa solicitou novas axudas para continuar co mantemento e conservación deste edificio, patrimonio popular “costeado polo pobo” - tal e como di nos seus exteriores - aló polo ano de 1954.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios