Venres. 29.03.2024
El tiempo

Teatro, música e conciliación para o Nadal de Zas

NADAL ZAS 2021
Teatro, música e conciliación para o Nadal de Zas

Gran variedade de actividades trae o Concello de Zas para desfrutar destas festas. 

Pensado para os adultos, hai dúas obras de teatro: A programación arranca o 11 de decembro ás 20:00 horas coa obra de teatro “Conexión pingüín” no Auditorio de Zas, con Luis Iglesia e Marcos Orsi, de Culturactiva Producións.
Ao sábado seguinte, o 18 de decembro, ás 20:00 horas Talía Teatro trae ao Auditorio de Baio a súa obra de teatro recentemente estreada “A parábola do angazo”. Artur Trillo e Toño Casais farán a través da comedia un repaso pola historia da nosa lingua. Tamén está dirixida ao público adulto.

Para o público infantil hai todas estas propostas:
• O 19 de decembro ás 18:00 horas temos no Auditorio de Baio a obra de teatro familiar “Mestre ma non troppo” a cargo da compañía Bandullo Azul.
• “Non máis guerras” é o título do contacontos que nos traerán os ratiños de Trinke Trinke Teatro o martes 14 de decembro, ás 18:00 horas, á Biblioteca Municipal de Zas.
• Os ratiños de Trinke Trinke Teatro volven o 21 de decembro á Axencia de Lectura de Baio co seu contacontos “Non máis guerras” que será ás 18:00 horas

Haberá ademais varias funcións escolares, como a do 13 de decembro co espectáculo “Teatro dos vieiros” que lles representarán no Auditorio de Zas Xoán Curiel e Charo Pita ao alumando do CPI de Zas.
Uns días máis tarde, o 20 de decembro, levamos o espectáculo “Ghop!” Tamén ao CPI de Zas. E por último, o día 21 de decembro, os alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose asistirán á reperesentación de “Desconcerto” que nos traerán os membros de Culturactiva Producións.
Ademáis de teatro, obradoiros e contacontos a música non pode faltar dentro da programación de Nadal. Así que o domingo 12 de decembro o alumnado da Escola de Música Moderna do Concello de Zas ofrécenos un Festival de Nadal a partir das 17:00 horas no Centro Sociocultural de Zas.

Obradoiros

Unha das novidades deste ano é o obradoiro de modelaxe de Nadal dirixido ao público adulto que se realizará o 11 e o 18 de decembro no Centro Sociocultural de Zas en horario de 16:00 a 19:00 horas.
E en clave de conciliación familiar e laboral organizan os obradoiros infantís de Nadal no que poden participar nenos e nenas maiores de 4 anos e que se realizarán os días 27, 28, 29 e 30 de decembro. Haberá dúas quendas; unha de 10:00 a 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e outra de 16:00 a 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.

Por supostom a Cabalgata de Reis percorrerán case 100 núcleos durante o 5.

Reservas e inscricións
Para asistir é obrigatorio o uso de máscara e é importante lembrar que en todas as actividades o número de prazas ou o aforo é limitado polo que é necesario reservar praza con antelación a través de calquera destes dous números de teléfono:
• 981 751 398 (Centro Sociocultural de Zas)
• 981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio)

Comentarios