mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Tribunal Supremo suspende definitivamente a autorización do parque eólico Lagoa II

Mapa Parque Eolico Lagoa II Santa Comba e Zas
Así era o mapa do Parque Eolico Lagoa II entre Santa Comba e Zas
O Tribunal Supremo suspende definitivamente a autorización do parque eólico Lagoa II

Duro varapau do Tribunal Supremo á Xunta no seu programa de invasión eólica. O alto tribual vén de inadmitir a trámite o recurso de casación interposto pola propia Xunta de Galicia e Engasa Lagoa S.L. contra o auto do 19 de xuño de 2023 emitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que adopta a medida cautelar de suspender as autorizacións previas e de construción do parque eólico Lagoa II, situado nos municipios de Zas e Santa Comba.

Deste xeito, o TS dá a razón a un TSXG que ten anuladas as aprobacións de 60 proxectos eólicos por parte da Xunta.

É crúa a sentenza do Tribunal Supremo, que basea a inadmisión na “falta de fundamentación suficiente, e singularizada ao caso, da concorrencia dos supostos de interese casacional” baseada en “referencias xenéricas e abstractas”. Deixa claro que a sentenza non “prexudica” nin é gravemente lesiva para os intereses xerais”.

Ademais, impón o pagamento das custas procesuais á Xunta e á empresa recorrente.

Novas sobre o proxecto

Comentarios