P.E. A Lagoa I: “Outro caso claro de fraccionamento”

Informa hoxe o Concello de Santa Comba de que o DOG somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico A Lagoa I, nos concellos de Santa Comba e Zas (expediente IN661A 2009/001).
Un proxecto que supón “outro caso claro de fraccionamento dun megaparque, neste caso co do Lagoa II”, segundo denuncia Petón do Lobo. A entidade de feito, pon á disposición de veciñanza o modelo de alegacións.
Son 4 aereoxeneradores de 6 MW e comparte, como adoita pasar con estes fraccionamentos, estruturas co Lagoa II.
NOVAS SOBRE EÓLICOS
- ADEGA e O FDJCC presentan recursos ante o TSXG contra o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural .
- Braña Ancha: “Deixámoslle claro que nos opoñemos totalmente a este parque eólico”.
- P.E. Braña Ancha: Un novo proxecto en Santa Comba.
- P.E. Portochán: A veciñanza xalleira mobilízase ante outro megaproxecto fragmentado ilegalmente.