Un diververán completo en Zas
08:14 26/06/12
Unha chea de actividades programa para este verán o Concello de Verán para toda a veciñanza. Onte mesmo abríase o prazo para inscribirse en todas as actividades. Dende unha excursión ao Aquapark de Cerceda, ata unha xornada de Deporte de Aventura para adultos, pasando polo Día da Bici (este ano toca o 19 de agosto).
Ademais, haberá varias actividades conxuntas, como Zaspateando, unha serie de actividades medioambientais, a través de roteiros interpretativos; ou as Camiñatas, pensadas para maiores de 60 anos para percorrer as parroquioas do Concello e colindantes; ou o Diververán, pensando para os máis pequenos.
Compre destacar a VIII Concentración de Motos Clásicas, que terá lugar o domingo 22 de xullo.
Máis información e inscricións
- Folleto do Programa do verán do Concello de Zas [pdf].
- ZAS: No Concello (981.70.83.03) e BAIO: Centro Sociocultural (981.71.80.56)
Novas relacionadas
- O IES de Baio coida o patrimonio natural dende casa ata o Parlamento Europeo.
- O teatro non ten idade en Zas.
- Eiii Carballeira! A romería de toda a familia de Baio.
- Unhas 1.500 persoas acariñaron en Zas a Copa do Mundo.
Fonte
- Concello de Zas.