Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Varias obras de mantemento nos coles de Zas

obras mantemento cpi-zas
obras mantemento cpi-zas
Varias obras de mantemento nos coles de Zas

Ao igual que nos anos anteriores, o Concello de Zas aproveitou os meses de verán para realizar diferentes actuacións nos centros de ensino do noso municipio para poñer todo a punto para o novo curso escolar, que comeza hoxe, e dar resposta ás necesidades presentadas polos propios equipos directivos. 

Estas foron algunhas das reparacións máis importantes que se realizaron:

  • Escola Infantil Galiña Azul de Zas: Reparación de paredes e ventanais
  • CEIP Labarta Pose: Reparación de paredes e ventanais e diversas melloras no teito do patio cuberto. Nos próximos días tamén se sustituirán os canalóns do edificio novo.
  • CPI de Zas: Instalación de canaletas para desaugar e creación dunha nova zona de xogos no exterior do centro coa instalación de herba artificial e colectores de vidro que achegaron dende a ANPA do centro
     


Acordos coa Consellería de Educación

Explican dende o Concello que "algúns dos traballos acometidos ván máis alá das obrigas de conservación que lle corresponde ás administracións locais e que debería de asumir a Xunta de Galicia. Por iso, ante a necesidade e a urxencia destes traballos, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo unha reunión co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, na que acordaron as obras a realizar por cada unha das administracións". 

Pola súa banda, dende a Xunta de Galicia comprometeuse a reparar neste curso académico o tellado do edificio que alberga o comedor do CEIP Labarta Pose de Baio.

Comentarios