Volven os bailes de maiores os sábados no Centro Sociocultural de Zas
09:07 13/10/23
Despois do descanso do verán, este sábado volven ao Centro Sociocultural de Zas as ansiadas tardes-noites de baile para maiores con música en directo. Como novidade, este ano hai un pequeno cambio no horario e as sesións comezarán as 20:00 horas.
Estas son as actuacións previstas para este mes de outubro:
• 14 de outubro: dúo Charada
• 21 de outubro: dúo Blanca Doble
• 28 de outubro: trío Digital
“Estas sesións de baile para mariores forman parte do programa de actividades específico para as persoas maiores no que se inclúen propostas que ano tras ano teñen moi boa acollida como son a ximnasia de mantemento, os talleres de memoria e os cursos de manexo de teléfonos móbiles”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.