Venres. 26.04.2024
El tiempo

Zas aproba a construcción do tanatorio nun agrio pleno

Zas aproba a construcción do tanatorio nun agrio pleno
maqueta-tanatorio-zas O novo tanatorio construiráse na zona do campo municipal San Andrés de Zas A tensión entre o BNG e o PP de Zas non é nada novo. Nin sequera se enfría "en días importantes" como o de onte. Ainda que éste foi un dos poucos puntos no que coincidiron ambos grupos durante o pleno extraordinario celebrado con urxencia para aprobar a construcción dun tanatorio municipal en Zas. Cos votos a favor dos membros do BNG e coa abstención dos do PP, o goberno de Manuel Muíño sacou adiante un dos proxectos que ven sendo tema de debate dende anos atrás e que ambas formacións coincidían na necesidade deste servizo. Ademais da "falta de tempo" para poder revisar a documentación do proxecto, o portavoz do PP, David Gómez, criticou que no pouco que pudo revisar atopouse cun reparo suspensivo de invención e dous de secretaría que "fan referencia a municipalizar o servizo antes de comezar as obras". Por este motivo, Gómez sinalou que debe consultar cos seus asesores legais antes de votar a favor dun proxecto que segundo indicou "non conta coa seguridade xurídica necesaria para levalo a cabo". Nese punto, Muíño e Gómez iniciaron un tenso debate cargado de reproches e que o alcalde entende como unha estratexia do PP para "buscar o mínimo resquicio legal e denunciar co fin de retrasar un proxecto de tanta importancia para toda a veciñanza". O proxecto  A inversión será de máis de 450.000 euros e as obras iniciaranse no próximo mes de xaneiro de 2019, tal e como sinalou o alcalde de Zas durante o agrio pleno. O novo edicifio levantarase na zona do campo municipal San Andrés de Zas e a inversión farase con cargo aos orzamentos do 2019. "Hai poucos concellos que poden facer unha obra deste tipo sen recurrir a ningunha subvención nin débeda" sinalou o alcalde no pleno onde amosou o orgullo do seu equipo de goberno por sacar adiante unha das súas maiores inversións. Novas relacionadas Fonte

Comentarios