Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas aumenta un 8% os investimentos reais nos Orzamentos de 2017

Zas aumenta un 8% os investimentos reais nos Orzamentos de 2017
Foto pleno Zas O pleno de Zas votou a favor da moción de apoio ao Camiño Santiago-Muxía por Brandomil

Este pasado luns 4 de abril, o goberno de Zas sacou adiante os Orzamentos 2017. Unhas contas que se achegan ao 3,9 millóns de euros, un 20% máis que os de 2015, que tiveron que ser prorrogados ao 2016. Unha subida que segundo o alcalde se debe ao Plan POS+ da Deputación, que este ano ronda os 700.000€ e que permitirá afrontar obras como as melloras no campo de fútbol de San Andrés, a renovación de moitas estradas (case 400.000€) ou a asunción de gastos correntes.

”As inversións reais pasan do 17% en 2015 ao 25% neste ano, permitindo que haia unha ampla partida fondos propios do Concello, gracias ao POS+”, sinalaba o alcalde Lolo Muíño, recoñecendo que “todos os alcaldes, mesmo os do PP, estamos encantadísimos co novo plan único provincial”.

Pola contra, o voceiro do PP, David Gómez, sinalaba nun comunicado que son “ficticios e inflados”, a pesar de non manifestar a súa opinión durante o pleno e absterse na votación. “Paréceme impresentable que non opine no pleno dos orzamentos, o máis importante do ano, e que non vote en contra e logo emite un comunicado”, sinala o alcalde.

O pleno tamén aprobou reservar 50.000€ para a compra das carballeiras de Zas e Baio, unha decisión que para o voceiro do PP responde ao “capricho” do alcalde Lolo Muíño. Piden dende o PP un convenio para que os veciños sigan cedendo os terreos e o Concello se faga cargo do mantemento ambiental, se ben parece decidido que o Concello vaise facer cargo de dous espazos claves que deben pasar a mans públicas.

O documento aprobado tamén garda unha boa partida de 150.000€ para a creación dun Tanatonio municipal, unha infraestrutura que mesmo o PP cualificou no seu comunicado de “necesaria, prioritaria e urxente” pero sobre a que o mesmo tempo sinalaba que debería ser de iniciativa privada. “Debería alegrarse, en todo caso, pero non preguntou no pleno como ía ser a xestión, así que non sei como o sabe.

Aprobada por unanimidade a moción de apoio ao Camiño Santiago-Muxía por Brandomil

Así mesmo, a sesión serviu para aprobar por unanimidade a moción presentada pola asociación Grandimirum de Brandomil relativa ao proxecto da recuperación do camiño Santiago-Muxía por esta parroquia zasense. A entidade, axudada por Manuel Vilar, está recollendo documentación será a de presentala ante Patrimonio para que eseta ruta postxacobea sexa recoñecida de forma administrativa.
Zas é o terceiro concello en dar o seu apoio despois de Santa Comba e Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios