Martes. 11.05.2021
El tiempo

Zas captura 850 raíñas de vespa velutina en só quince días

vespa-velutina-zas1
Zas captura 850 raíñas de vespa velutina en só quince días

As cifras da campaña de captura de raíñas de vespa velutina demostra que a incidencia desta especie invasora segue a ser altamente preocupante. Por Carballo xa cazaron case 4.000 no primeiro mes, polas 1000 que capturaron en Camariñas e as 600 nas trampas postas en Cabana.

Zas é outro dos Concellos costeiros involucrados na loita contra a velutina, e nos primeiros 15 días capturáronse un total de 857 raíñas, evitando a formación doutros tantos niños. Grazas á colaboración da veciñanza, o número de capturas é moi superior ao dos anos anteriores, chegando a máis de 120 veciños colaboradores. En concreto nestes primerios quince días da campaña capturáronse case 500 raíñas máis que no mesmo período do ano pasado.

Novas relacionadas

comentarios