Luns. 02.08.2021
El tiempo

Cabana e Camariñas vólcanse contra a velutina

Trampeo de Velutinas eCabana1
Trampeo de Velutinas en Cabana
Cabana e Camariñas vólcanse contra a velutina

Cabana e Camariñas son, xunto A Laracha, Zas ou Carballo, dos concellos que máis se implican na loita contra a invasión da avespa velutina. Son Concellos que están adheridos ao convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP.

Por Camariñas levan dende o pasado 10 de marzo colocando trampas nesta primeira fase primaveral de caza de raíñas, unha parte fundamental do proceso para evitar a súa expansión, pois unha raíña menos significa un niño menos.

As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron. Estes elementos colócanse nas árbores con flor, onde a velutina se achega para polinizar as flores. Especialmente nas árbores con camelia, un dos favoritos do insecto.
Polo de pronto, xa capturaron 879 raíñas, aínda lonxe das 9.813 raíñas da campaña do ano pasado.

Velutinas

Por Cabana xa van 600 raíñas capturadas nos 200 dispositivos colocados en lugares de uso público como parques, o entorno do CPI As Revoltas, como en zonas particulares. De feito, a veciñanza poderá solicitar participar na iniciativa a través da páxina web ata o 31 de maio, e recibirán un bote de nalde.
Os apicultores e apicultoras do municipio tamén poderán solicitar trampas ou repelente adicional para os seus terreos. No caso de ter algunha dúbida na instalación ou na solicitude dos dispositivos e dos repelentes, ponse a disposición o número de teléfono 618 747 376.

Novas relacionadas

comentarios