Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Zas crea unha bolsa de emprego de peón de servizos múltiples

Zas crea unha bolsa de emprego de peón de servizos múltiples

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a creación dunha bolsa de emprego para peón de servizos múltiples para a brigada municipal de obras e servizos.
Mediante esta bolsa cubriranse de forma áxil os períodos de vacacións, baixas, permisos, licenzas e outras necesidades circunstanciais do servizo. Os/as candidatos/as seleccionaranse mediante o sistema de oposición e a modalidade do contrato será temporal e a xornada completa.

O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 15 de outubro. En termos xeriais, os aspirantes deben ter o certificado de escolaridade ou equivalente e posuir o permiso de conducir tipo B. Os/as interesados/as poderán consultar as bases na Sede Electrónica do Concello de Zas a través nesta ligazón, ou se o prefiren poden ampliar información sobre o proceso a través da Axente de Emprego e Desenvolemento Local do Concello de Zas en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas (981 70 83 03).

comentarios