Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Zas dá a coñecer a parroquia de Vilar

Zas dá a coñecer a parroquia de Vilar
ponte-vilar-zas En Vilar consérvase unha ponte que se cre que é da época romana. Imaxe: Xosé Mª Lema O concello de Zas  - a través do seu departamento de Cultura - acaba de subir á rede información histórica, cultural e natural da parroquia de Vilar, continuando así co programa Zas polo Miúdo con documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema. Ata a construción da estrada de Zas a Baio, Vilar era un punto importante no camiño real entre Santiago e a zona central da Costa da Morte. Crese que é posible que a vella ponte da aldea de Vilar puidera ser, en orixe, de época romana. A parroquia de Vilar ten unha extensión duns 6,7 quilómetros cadrados os seus núcleos de poboación son Artón, Pazos, Quintáns, Saconde, Sandrexo e Vilar. Pazos e Sandrexo están compartidas coas parroquias de Tines e Treos (Vimianzo), respectivamente. Linda, polo norte, con Bamiro (Vimianzo); polo sur, con Loroño (Zas) e Treos (Vimianzo); polo este, con Zas e Lamas; e polo oeste, con Tines. A súa forma parece recordar á dun rectángulo. En Vilar redominan as terras achanzadas, con moi escasa diferencia de altitudes entre os cumes e as partes máis baixas - uns 60 m -. Está cruzada polo río de Vilar, formado pola unión do de Xora e do Torrente e que desembocará, preto de Baio, no río Grande ou do Porto. Xeoloxicamente formaría parte do Complexo de Noia ou Fosa Blastomilonítica e os seus materiais; disponse en bandas orientadas de N a S seguindo a dirección do pregamento herciniano. Case todos eles teñen a súa orixe no período Cámbrico, agás os sedimentarios ás beiras dos ríos. No tocante á demografía, amosa os mesmos síntomas que o resto das parroquias do concello, cunha perda notable e constante do número de habitantes, sobre todo a partir de 1970: 16 veciños (1607), 54 vc. e 228 hab. (1753), 50 vc. (1769), 46 vc. e 229 hab. (1836), 46 vc. e 249 hab. (1845), 373 hab. (1928), 76 vc. e 407 hab. (1965), 531 (1970), 313 (2000) e 217 (2016). Conta con tres topónimos que son auténticas rarezas, posto que son únicos en Galicia: Artón, Saconde e Sandrexo. A igrexa parroquial presenta planta de salón. No presbiterio e na sancristía atópanse os elementos arquitectónicos máis interesantes, con bóvedas de canón volteadas sobre pilastras. No ano 1729 fixéronse obras de ampliación e a espadana data de 1848. Personaxes ilustres Aínda que por cinrcunstancias especiais, nacera en Madrid, un personaxe moi importante desta parroquia foi José López Pérez, fillo dun sarxento do exército español, natural de Artón, quen chegou a ser presidente do Centro Galego de La Habana (1907), cofundador da Real Academia Galega (1906), tamén en La Habana. El foi quen trouxo os restos mortais de Manuel Curros Enríquez desde esa cidade ata a Coruña (1908). Tan unido a Artón se sentía –pois pasara aquí parte da súa infancia- que nesta viaxe de abril de 1908 visitou con seu pai o lugar, onde seica foi recibido triunfalmente. Máis información: Novas relacionadas Fonte

Comentarios