Zas entregou os seus premios de Teatro Afeccionado
Este domingo tivo lugar a entrega de premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. A cita que pecha dous meses de proposta cultural cos mellores grupos do teatro afeccionado galego. A cita coincidiu coa clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil, dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto, e na que os nenos e nenas interpretaron cinco obras de teatro nas que a comedia estivo moi presente. Feito que provocou o cheo absoluto no Auditorio de Baio.
Foron 43 as obras presentadas ao certame, e o xurado (formado por Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en funcións; Fidel Otero Pazos, técnico do Concello de Zas; Ricardo Vigueret Gil, membro do grupo de Teatro Badius; Alberto Villar López, membro do grupo de Teatro Badius e Pablo G. Soto Videla, membro do grupo de Teatro Badius) tivo que escoller 5 finalistas. Finalmente, “Insania”, “Chicago” e “2010” foron as grandes triunfadoras.
Estes foron os premiados:
- Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma): “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán.
- Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma): “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia
- Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma): “O Xogo de Versalles”, de Gargallada Teatro
- Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
- Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma): “Bolboretas, a vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro
- Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
- Premio ao mellor actor (trofeo e diploma): Juan J. Váquez, pola súa interpretación na obra “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán
- Premio á mellor actriz (trofeo e diploma): Almudena Martínez Gálvez, pola súa interpretación na obra “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia.
Novas relacionadas
- 2019: A Mostra de Teatro de Zas arrinca cos 5 espectáculos finalistas.
- 2018: O teatro segue moi vivo en Zas.
- 2017: Zas revitaliza o teatro afeccionado
- 2017: “Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural”
- 2016: Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto.