Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas pon buses para a manifestación da Coruña contra o peche das sucursais de Abanca

A campana de Abanca que tivo que suspender
Imaxe da campaña de Abanca que tivo suspender o ano pasado polas queixas da veciñanza, que xa indicaba a liña de non atender ao público que levan
Zas pon buses para a manifestación da Coruña contra o peche das sucursais de Abanca

Tralas concentracións nas vilas de Baías e Zas, toca demostrar o cabreo na Coruña. E por iso os Concellos de Vimianzo, Zas e A Baña veñen de convocar unha manifestación para este xoves 2 de setembro, ás 11:30h, diante da sede de Abanca na capital herculina.

Para facilitar a mobilidade, o Concello de Zas habilita autobuses.As persoas interesadas deberán anotarse antes do 1 de setembro chamando á Casa do Concello ou aos Centros Socioculturais de Baio ou de Zas. “Imos esgotar todas as posibilidades que temos na nosa man para lograr que Abanca reconsidere esta decisión”, sinala o alcalde zaseiro Lolo Muíño.

Os buses sairán ás 9:00h dende Limideiro e irán parando polas parroquias ata saír de Sixto ás 10:00h cara Coruña. Cómpre anotarse anotarse, antes do 1 de setembro na Casa do Concello (981 70 83 03), no Centro Sociocultural de Zas (981 75 13 98) ou no Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56), en horario de mañá.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios