Zas imparte durante o verán un Curso de Monitor de Tempo Libre

08:00 13/06/13

Zas acolle durante o verán un Curso de Monitor de Tempo Libre, unha boa saída para os estudiantes da zona para formarse e adicar os veráns da universidade, do FP ou do instituto a traballar en campamentos de verán.
Cómpre ser máior de 18 anos e ter a ESO e o graduado escolar, ou ser técnico aux. en FP ou equivalente.
O curso impartirase aproximadamente do 1 de xullo ao 28 de agosto de 2013, de luns a venres de 9:00h a 14:00h, e custa 250€.
E xa poden preguntar para inscribirse a Isabel Agra, Axente de Desenvolvemento Local, na Casa do Concello ou no 981 708 303.
Novas relacionada
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).