Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Un xoves cultural contra a LOMCE

Un xoves cultural contra a LOMCE
Citas culturais en Carballo e Cee contra a LOMCE

Este xoves 13 de xuño será outra xornada de folga do ensino na Costa da Morte e en todo o país. A Federación de ANPAS da Costa da Morte e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocan unha xornada repleta de actividades culturais e reivindicativas. A data será este xoves, ás 19:00h e haberá dous focos nas cabeceiras de comarca, a Praza 8 de marzo de Cee e a Praza do Concello de Carballo.

As devanditas concentracións contra a LOMCE, chamada xa "lei anti - educativa", terán como protagonistas á música, á poesía e os sempre necesarios manifestos de intencións, para o que contarán con persoeiros e artistas varios. Así, os actos estará dividido en tres partes moi dinámicas:

  • Actuación/óns musical do/dos grupos musicais participantes e lectura das coplas contra a LOMCE.
  • Recital poético con poetas da comarca para a súa lectura e interpretación.
  • Como peche do acto iría o manifesto e decálogo contra a LOMCE.

En Carballo actuará o grupo MalaVida, recitará Paco Souto e lerán varias nenas, nais, pais e profesorado. En Cee estarán os "Peta Forte" de Cee e un grupo de gaitas de Sardiñeiro en música; ademais varios poetas como Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Vaamonde, Mónica Góñez e David Creus, recitarán e, entre varias nais, pais e alumn@s procederán á lectura coordinada de manifestos. O acto será conducido por unha nai e unha alumna.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios