Zas instalará unha escaleira de acceso ao río Porto na Ponte Lodoso
10:28 25/02/22
O Concello de Zas vai comezar os traballos de instalación dunha escaleira metálica na marxe da Ponte Lodoso, na Cacharosa, que dará acceso peonil dende a estrada AC-404 ao paseo sobre a marxe do Río Porto. Desta forma daráselle resposta a unha demanda realizada pola Asociación de Veciños Tabeirón de Baio e á que o Concello destina un total de 8.497,45€.
O Concello quere agradecer a labor da entidade veciñal, que leva limpado máis de once kilómetros de camiños recuperando un fermoso roteiro ao carón do río Porto ao seu paso pola localidade de Baio.
O Concello está esperando a autorización da Axencia Galega de Infraestructuras, Augas de Galicia e Patrimonio.