venres. 04.07.2025
El tiempo

Zas leva de excursión aos participantes no programa de actividades

Zas leva de excursión aos participantes no programa de actividades

Uns 150 veciños e veciñas do noso municipio que participaron ao longo de todo o ano no Programa de Actividades 2024/2025 organizado polo Concello de Zas pecharon o pasado martes o curso cunha visita aos Cañóns do Sil.

Acompañados do Alcalde, Manuel Muíño; da Concelleira de Educación, Pilar García; e das altas temperaturas, realizaron unha ruta en catamarán atravesando a Ribeira Sacra a traves do seu Canón do Sil. Saíron do embarcadoiro da Deputación de Lugo - Ponte do Sil, no Concello de Monforte de Lemos, para chegar ata a contorna do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Tras a comida en Monforte de Lemos e dun paseo pola vila regresaron a casa nunha comitiva formada por tres autobuses.

O Programa de Actividades do Concello de Zas desenvolvese entre os meses de outubro e maio cunha gran variedade de propostas para todos os públicos e idades: ximnasia, ioga, pilates, cociña, bordado, cesteiría, escola de memoria,... que teñen unha gran acollida entre a veciñanza.

Comentarios