sábado. 07.12.2024
El tiempo

Zas pon educación contra as violencias machistas

Cartel 25N Concello de Zasjpg
Zas pon educación contra as violencias machistas

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que se conmemora cada 25 de novembro, o Concello de Zas deseñou un programa de actividades baixo o lema “Contra as violencias, educación".

O Concello trata de achegar recursos e servizos como o Centro de Información á Muller - CIM -; onde se ofrece información, asesoría xurídica e asistencia psicolóxica a todas as mulleres do noso municipio e doutros limítrofes como Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso.

A programación do 25N do Concello de Zas arranca hoxe luns co inicio dun curso sobre a regulación emocional que se realizará todos os luns, de 18:00 a 19:30 horas, no Centro Sociocultural de Zas.

Máis accións

  • “Acabouse o conto: nin máis nin menos”: contacontos infantil dirixido ao alumnado de educación infantil e primeira que levaremos o luns 25 de novembro ao CEIP Labarta Pose de Baio. O mércores 27 de novembro realizarase no CPI de Zas
  • “Empoderar é liberar”: tamén o 25N haberá unha actividade dirixida ao alumando do 3º ciclo de Primaria e ESO dos centros de ensino municipais que consisitirá na instalación de vinilos
  • “Conectad@s. Relacionándonos na contorna virtual”: obradoiro dirixido ao alumando de 1º e 2º da ESO do CPI de Zas que se realizará o 26 de novembro
  • “Scape Room Virtual: Bruxas e meigas en Serra da Veiga”: actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas

A programación do 25N pecharase o sábado 30 de novembro coa obra de teatro “Sen lingua”, interpretada por Serea Teatro. Esta é unha función dirixida ao público adulto que terá lugar no Auditorio de Baio ás 20:00 horas.

Comentarios