xoves. 07.11.2024
El tiempo

Zas prepara o seu Entroido cheo de xogos

Zas prepara o seu Entroido cheo de xogos
Entroido-Zas-2013

Completa será a fin de semana de Entroido en Zas. Dende o xoves 7 haberá obradoiros e xogos dirixidos aos nenos. Pero o gran Baile-Concurso de disfraces terá lugar o sábado 9 de febreiro no Centro Sociocultural de Zas a partir das 20:00h.
Neste caso, os premios son distintos, unha cea para catro persoas levará o mellor disfraz, e unha cea para dúas o 2º e 3º premio.

Pero ollo, que o Martes de Entroido, o 12 de febreiro, pasará o Trendo Entroido polas rúas de Zas (dende as 15:00h) e por Baio (dende as 17:00h). A partir das 17:00h haberá xogos tradicionais na Praza do Concello de Zas e un novo Concurso ás 19:00h no Centro Sociocultural.

Así, xa se poden inscribir nos Obradoiros e xogos dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos nos números 981.718.056 (Baio) e 981.751.398 (Zas). As citas serán:

  • No Centro Sociocultural de Baio de 17:30 a 19:30h o Xoves 7 e Venres 8 de febreiro.
  • No Centro Sociocultural de Zas de 11h a 13h o Luns 11 e martes 12 de febreiro.

Novas relacionadas

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios