Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Zas prepárase para a súa semana máis grande

Zas prepárase para a súa semana máis grande
O vindeiro luns, 27 de xullo, o concello de Zas arranca, xunto coa colaboración doutras entidades locais, unha das súas grandes citas, a semana cultural, que culmina o domingo 2 de agosto. Todas estas actividades que se enmarcan no programa teñen como eixo principal a Festa da Carballeira que celebra a súa XXXII edición. O cartel está cheo de actividades que se levarán a cabo, principalmente, no centro sociocultural de Zas. Entre os distintos acttos figuran a xa tradicional exposición de manualidades, a presentación do libro "50 anos da historia do fútbol da costa (1964-2014)" con Xosé Rei Lema, obradoiros de pintura na rúa e de cociña, música para os máis pequenos, unha visita guiada polos pazos do municipio, un monólogo con Quico Cadaval, teatro e tamén un curso de inciación ó baile tradicional impartido por A.C. Castro Meda. O día grande da semana cultural de Zas será o sábado 1 de agosto coa celebración da Festa da Carballeira. Este ano, como novidade, haberá unha feira de artesanía, mercado ecolóxico e inchables dende as catro da tarde. Por suposto, no faltará a comida a prezos moi populares. E todo culmina co grande concerto no que actuarán Os Viqueiras de Ordes, Sés, Luar na Lubre, Skipinnish e Anxo Lorenzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios