Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas recupera o patrimonio dos seus oficios con exposición e obradoiros

cartel_inauguracion_exposicion-Recordos oficio zas
Zas recupera o patrimonio dos seus oficios con exposición e obradoiros

Este venres, As Torres do Allo inauguran unha sintgular exposición. A través de doce paneis contase a historia de doce veciños, e os seus oficios, acompañados de obxectos singulares que formaron parte da súa vida e do seu traballo, Zas recupera a súa historia. Recupera, con fotos cedidas polos veciños, como traballaba un carpinteiro, unha costureira, un canteiro ou unha mestra, entre outros, achegándonos a unha realidade moi diferente a actual.

A inauguración celebrarase o venres 19 de novembro ás 19.00 h nas Torres do Allo. ”Recordos dun oficio”, nome que recibe esta exposición, poderase visitar ata o próximo mes de xaneiro de 2022 en horarios de fins de semana: sábados, domingos e festivos, dende as 11.00 ata as 19.00 h., no pazo vivo máis antigo de Galicia.

Obradoiro

descubrindo-patrimonio-zas

Este sábado, 20 de novembro, o Concello organiza un novo obradoiro dixirido a nenas e nenos de 4 a 12 anos e que se enmarca dentro da programación do "Mes do Patrimonio”. Nesta ocasión irase ata Brandomil para coñecer os seus segredos arqueolóxicos e para converterse en arqueólogos por unhas horas.
Esta é unha actividade gratuíta que se realizará de 16:00 a 18:00 horas. Para asistir é necesario inscribirse previamente en calquera dos Centros Socioculturais do Concello de Zas (981 751 398 / 981 718 056).

Comentarios