Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas redescubre cunha exposición o valor histórico do naturalista Víctor López Seoane

Zas redescubre cunha exposición o valor histórico do naturalista Víctor López Seoane
O zaseiro Victor Loopez Seoane O zaseiro Victor Loopez Seoane Un inmellorable xeito de recuperar un deses nomes ilustres que fixeron a historia do país dende o teu concello é cunha exposición. Así o considera o Concello de Zas, que vai recuperar nas Torres do Allo a figura dun dos científicos naturalistas máis importantes do século XIX: Víctor López Seoane. O pazo máis antigo de Galicia, con 526 anos de antigüidade, foi ademais residencia do ilustre veciño de Zas, cando casou con Francisca de Riobóo, dona das Torres do Allo. Precisamente ese matrimonio permitiulle adicar a súa vida ao estudo de plantas e animais. Dende o pazo do Allo mantiña correspondencia internacional con Charles Darwin ou Fernand Lataste, dous dos máis importantes científicos da Historia. Chegou incluso a recibir a visita de Ragnar Hult, o botánico finlandés, nas Torres do Allo. Pero quizais os fitos máis destacados de Víctor López-Seoane son o descubrimento de novas especies animais que levan o seu nome; como a víbora galega, chamada Vipera seoanei na súa honra; así como a publicación da primeira Historia Natural de Galicia. Lámina Vipera seoanei Lámina sobre a Vipera seoanei, a víbora galega que leva o seu nome

Exposición

A Concellería de Cultura de Zas, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unha exposición monográfica titulada "Seoane: o naturalista das Torres do Allo" sobre a súa figura. A inauguración terá lugar o vindeiro sábado día 13 de outubro á 13:00 e poderá visitarse os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 ata o 18 de novembro. Na exposición participa tamén o Museo de Historia Natural e o Herbario SANT da USC, os Museos Científicos Coruñeses, o Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide, o Museo do Pobo Galego, e a Charles Darwin Foundation; institucións que ceden exemplares de plantas e animais, así como documentación relativa á vida e traballo científico de Seoane. Esta exposición ten lugar en paralelo ao programa didáctico dirixido á comunidade educativa, polo que aqueles centros que visiten as Torres do Allo, ademais de realizar obradoiros adaptados e visitas específicas para cada idade, poderán desfrutar desta exposición sen precedentes. As solicitudes para realizar visitas escolares ás Torres do Allo poden realizarse a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono (en horario de apertura) 655 71 67 43. O Cartafol Escolar está dispoñible para a súa descarga na páxina web www.torresdoallo.gal

Comentarios