Zas tamén comeza a campaña de trampeo contra a velutina
Comeza a primavera e tralo letargo invernal, as raíñas de avespas velutinas comezan a saír. Momento necesario para actuar. Concellos como Laracha, Carballo ou Cabana xa comezaron a instalar trampas, e así o fai o de Zas por cuarto ano consecutivo.
O Concello solicita colaboración veciñal (ademais da evidente implicación dos apicultores), e repartirá trampas e líquido atraínte entre aqueles veciños e veciñas que o soliciten no Centro Sociocultural de Zas ou a través do número de teléfono 981 751 398. As trampas deberán instalarse en lugares sensibles como poden ser zonas con froitais, camelias, rododendros,… e deberán informar cada quince días do número de vespas capturadas en cada unha das trampas.
Ademáis xa se comezou a instalación de trampas nas zonas dos centros educativos, paseos fluvais, parques infantís e outros lugares sensibles do municipio.
Novas relacionadas
- Marzo 2021: Laracha tamén comeza unha campaña de trampeo contra a avespa velutina.
- Marzo 2021: Comeza a campaña de trampeo contra a velutina en Cabana.
- Marzo 2021: Carballo abre unha nova campaña contra a avespa velutina.
- Xuño 2020: Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños.
- Xuño 2020: Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina.
- Maio 2020: As campañas de trampeo demostran a expansión da avespa velutina.